SFME01
SFME01 - Programación da produción en fabricación mecánica
Que se aprende a facer?
Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en mecánica. Encargado/a de instalacións de procesamento de metais. Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais. Encargado/a de montadores. Programador/ora de CNC. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0160 | Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe | 213 | 8 | |
| 1º | MP0164 | Execución de procesos de fabricación | 187 | 7 | |
| 1º | MP0168 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0007 | Interpretación gráfica | 133 | 5 | |
| 1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | 160 | 6 | |
| 1º | MP0166 | Verificación de produtos | 160 | 6 | |
| 2º | MP0169 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0170 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MP0167 | Proxecto de fabricación de produtos mecánicos | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).