D3SAN000400

 

D3SAN000400 - LOOIFP | Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear

Ciclo formativo
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3SAN000400
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Obter rexistros gráficos, morfolóxicos o funcionais do corpo humano, con fins diagnósticos ou terapéuticos, a partir da prescrición facultativa, utilizando equipamentos de diagnóstico por imaxe e de medicina nuclear, e asistindo o/a paciente durante a súa estadía na unidade, aplicando protocolos de radioprotección e de garantía de calidade, así como os establecidos na unidade asistencial.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e privado, en unidades de radiodiagnóstico e de medicina nuclear, en centros de investigación e en institutos anatómico-forenses ou de medi-cina legal, así como en centros veterinarios e de experimentación animal, e delegacións comerciais de produtos hospitalarios, farmacéuticos e técnicos de aplicacións en electromedicina. Realiza o seu traballo baixo a supervisión do/da médico/a especialista corres-pondente e o supervisor da instalación, coa correspondente acreditación como operador/ora de instalacións radioactivas outorgado polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico. Técnico/a especialista en radiodiagnóstico. Técnico/a especialista en medicina nuclear. Persoal técnico en equipamentos de radioelectroloxía médica. Persoal técnico en protección radiolóxica. Persoal técnico en radioloxía de investigación e experimentación. Delegado/a comercial de produtos.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1347 Anatomía pola imaxe 232 9
MP1345 Atención ao/á paciente 160 6
MP1346 Fundamentos físicos e equipamentos 211 8
MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP1348 Protección radiolóxica 160 6
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1355 Proxecto intermodular de imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear 50
MP1353 Técnicas de imaxe en medicina nuclear 137 5
MP1352 Técnicas de imaxe por resonancia magnética 164 6
MP1354 Técnicas de radiofarmacia 109 4
MP1350 Técnicas de radioloxía especial 109 4
MP1349 Técnicas de radioloxía simple 164 6
MP1351 Técnicas de tomografía computadorizada e ecografía 137 5

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122
Coruña, A 15021986 CPR Cruz Roja Española 981169163

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36017430 IES Ricardo Mella 886121001




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).