D3FME000300
D3FME000300 - LOOIFP | Deseño en fabricación mecánica
Que se aprende a facer?
Deseñar produtos de fabricación mecánica, utensilios de procesamento de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampación ou pulvimetalurxia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais, polímeros, elastómeros e materiais compostos relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Delineante proxectista, técnico/a en CAD, técnico/a en desenvolvemento de produtos, técnico/a en desenvolvemento de matrices, técnico/a en desenvolvemento de utensilios, técnico/a en desenvolvemento de moldes, técnico/a de desenvolvemento de produtos e moldes.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0429 | Deseño de moldes e modelos de fundición | 102 | 4 | |
| 1º | MP0427 | Deseño de produtos mecánicos | 261 | 10 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0245 | Representación gráfica en fabricación mecánica | 213 | 8 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0432 | Técnicas de fabricación mecánica | 187 | 7 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0431 | Automatización da fabricación | 301 | 11 | |
| 2º | MP0430 | Deseño de moldes para produtos poliméricos | 191 | 7 | |
| 2º | MP0428 | Deseño de utensilios de procesamento de chapa e estampación | 328 | 12 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0433 | Proxecto intermodular de deseño de produtos mecánicos | 50 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36014568 | CIFP Valentín Paz Andrade | 886110857 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).