D3FME000100
D3FME000100 - LOOIFP | Programación da produción en fabricación mecánica
Que se aprende a facer?
Planificar, programar e controlar a fabricación por mecanizado e a montaxe de bens de equipamento, partindo da documentación do proceso e das especificacións dos produtos que se fabriquen, asegurando a calidade da xestión e dos produtos, así como a supervisión dos sistemas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en mecánica. Encargado/a de instalacións de procesamento de metais. Encargado/a de operadores de máquinas para traballar metais. Encargado/a de montadores. Programador/ora de CNC. Programador/ora de sistemas automatizados en fabricación mecánica. Programador/ora da produción.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0160 | Definición de procesos de mecanizado, conformación e montaxe | 181 | 7 | |
| 1º | MP0164 | Execución de procesos de fabricación | 187 | 7 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP0007 | Interpretación gráfica | 133 | 5 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0162 | Programación de sistemas automáticos de fabricación mecánica | 131 | 5 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0166 | Verificación de produtos | 131 | 5 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0161 | Fabricación asistida por computador (CAM) | 109 | 4 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0002 | Mecanizado por control numérico | 383 | 14 | |
| 2º | MP0163 | Programación da produción | 191 | 7 | |
| 2º | MP0167 | Proxecto intermodular de fabricación de produtos mecánicos | 50 | ||
| 2º | MP0165 | Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental | 137 | 5 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Ourense | 32009116 | IES 12 de Outubro | 988788211 |
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Vigo | 36011634 | IES Politécnico de Vigo | 986213025 |
| Vigo | 36011609 | CPR Colegio Hogar Afundación | 986414311 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
| Ferrol | 15006754 | CIFP Ferrolterra | 981333107 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).