D3AGA000200
D3AGA000200 - LOOIFP | Paisaxismo e medio rural
Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para o desenvolvemento de proxectos de xardíns e zonas verdes, e a xestión da produción de plantas e da produción agrícola, supervisando os traballos, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles, aplicando criterios de rendibilidade económica e cumprindo a normativa ambiental, de produción ecolóxica, de produción en viveiro, de control de calidade, de seguridade alimentaria e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas públicas e privadas dedicadas á instalación, a restauración e o mantemento de parques e xardíns, restauración da paisaxe, produción agrícola convencional ou ecolóxica, e produción de sementes e plantas en viveiro, por conta allea ou por conta propia. Ademais desenvolve actividades de organización, control e realización de tratamentos praguicidas regulados pola normativa.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico en xardinaría; deseñador de zonas axardinadas que non requiran a redacción dun proxecto; encargado da instalación de parques, xardíns e áreas recreativas urbanas e periurbanas, de mantemento, conservación e restauración de xardíns e parques (áreas recreativas urbanas e periurbanas, e medio natural), de obras de xardinaría e restauración da paisaxe, de podas e operacións de cirurxía arbórea, de viveiros en xeral, de propagación e cultivo de plantas en viveiro, de colleita de sementes e froitos en altura, de produción de sementes e terróns de céspede, de almacén de expedicións de plantas, terróns de céspede e/ou sementes; traballador por conta propia en empresas de xardinaría e restauración da paisaxe; xestor de produción agrícola, tanto convencional como ecolóxica, por conta propia ou allea; responsable de almacén agrícola, de equipamentos de tratamentos terrestres; encargado ou capataz agrícola de hortas, viveiros e xardíns, en xeral.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0690 | Botánica agronómica | 80 | 3 | |
| 1º | MP0698 | Conservación de xardíns e céspedes deportivos | 157 | 6 | |
| 1º | MP0692 | Fitopatoloxía | 80 | 3 | |
| 1º | MP0179 | Inglés profesional (GS) | 60 | 2 | |
| 1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 107 | 4 | |
| 1º | MP0694 | Maquinaria e instalacións agroforestais | 157 | 6 | |
| 1º | MP1708 | Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
| 1º | MP0693 | Topografía agraria | 106 | 4 | |
| 1º | MP0691 | Xestión e organización do viveiro | 183 | 7 | |
| 2º | MO0004 | Afondamento nas competencias profesionais (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MP0697 | Deseño de xardíns e restauración da paisaxe | 273 | 10 | |
| 2º | MP1665 | Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) | 30 | 1 | |
| 2º | MO0002 | Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) | 60 | 2 | |
| 2º | MP1710 | Itinerario persoal para a empregabilidade II | 50 | 2 | |
| 2º | MP0695 | Planificación de cultivos | 246 | 9 | |
| 2º | MP0699 | Proxecto intermodular de paisaxismo e medio rural | 50 | ||
| 2º | MP0696 | Xestión de cultivos | 301 | 11 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
| Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
|---|---|---|---|
| Bergondo | 15001033 | CFEA de Guísamo | 881881055 |
| Coristanco | 15021974 | EFAG Fonteboa | 981733051 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2023-2024.
Réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade semipresencial e a distancia. Curso 2023-2024.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).