Feira de Mostras 2014 de A Coruña FEMAGA, XXI Feira dos Autónomos de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa na XXI edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, FEMAGA 2014, que se realiza no Recinto Feiral ExpoCoruña do 4 ao 8 de decembro de 2014.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
  • Emprendemento
  • Formación Profesional Dual

Tamén participarán emprendedores da rede galega de viveiros en centros educativos de Galicia.

Información da FEMAGA: contacto, horarios, localización...

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Feira de Mostras 2014 de A Coruña FEMAGA, XXI Feira dos Autónomos de Galicia

Multimedia: