XX Feira de Mostras de A Coruña e XX Feira dos Autónomos de Galicia, FEMAGA 2013
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa na XX edición da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, FEMAGA 2013, que se realiza no Recinto Feiral ExpoCoruña do 4 ao 8 de decembro de 2013.
No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:
- Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
- Acceso á Formación Profesional
- Itinerarios formativos e profesionais
- Saídas académicas e profesionais
- Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
- Emprendemento
- Formación Profesional Dual
Tamén participarán emprendedores da rede galega de viveiros en centros educativos de Galicia.
Información da FEMAGA: contacto, horarios, localización...
Etiquetas:
Multimedia: