Admisión a formación profesional de grao básico. Listaxe de prazas adxudicadas. Curso 2022-2023

Publicación da listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos de grao básico de formación profesional para o curso 2022-2023.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. O CPC figura na folla de información importante do resgardo da solicitude de participación na admisión á formación profesional de grao básico. Calquera dúbida sobre a situación persoal neste proceso de admisión será resolta polo centro  no que se realizou a solicitude.

Os centros nos que estea asignada a praza poñeranse en contacto co alumnado para confirmar a matrícula e solicitarlles a documentación que proceda.

Etiquetas: 
Tema: