Admisión FP. Ciclos formativos e cursos de especialización con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 28 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 1ª adxudicación extraordinaria, pero soamente para os ciclos de grao superior.

No caso de cursos de especialización de formación profesional con prazas dispoñibles, o prazo de matrícula será desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas.

Tamén existen prazas dispoñibles, co prazo xa aberto para matrícula, de ciclos formativos de FP dual.

Etiquetas: 
Tema: