3.7.- Programamos?
Comezamos a programar?
Podemos facer algún dos exercicios que se temos a continuación. Son sinxelos. O proceso que deberiamos seguir é o seguinte:
- Anotar a solución.
- Debuxar (a man) un esbozo do diagrama de fluxo que podería representar o algoritmo.
- Implementar ese algoritmo en pseudocódigo, empregando PSeint.
- Executar o programa e comprobar que funciona.
- Ver o diagrama de fluxo que creou a aplicación e comparalo co noso esbozo.
Exercicio 1
Un fácil:
Implementar o algoritmo de cálculo desta operación.
Exercicio 2
Crea e implementa o algoritmo para calcular a área dun rectángulo a partir dos seus lados.
Exercicio 3
Crea un algoritmo que solicite o nome e dous apelidos e devolva o nome completo, e un nome de usuario que sexa nome+apelido2
Exercicio 4
Creamos un algoritmo en pseudocódigo para calcular a porcentaxe de aportación de cada membro dun grupo de cinco amigos a un fondo común que crean, entregando cantidades diferentes cada un.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0