Saltar navegación

3.5.- Programación estruturada

Chámaselle rutina ou subrutina a un segmento de código separado do bloque principal, o cal pode ser invocado en calquera momento desde esta ou outra subrutina. Unha rutina preséntase como un subalgoritmo que forma parte do algoritmo principal, que permite resolver unha tarefa específica.

Subrutina - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Subrutina. [Consulta: 13-novembro-2017].

Un módulo é cada unha das partes dun programa que resolve un dos subproblemas en que se divide o problema complexo orixinal. Cada un destes módulos ten unha tarefa ben definida e algúns necesitan doutros para poder operar.

“Programación modular - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Programaci%C3%B3n_modular. [Consulta: 13-novembro-2017].

Figura 3d montando pezas de "Lego".

Nos seus inicios a programación informática obedecía a procesos lineais ou secuenciais (programación lineal). Nestes procesos as actividades sucedíanse unha detrás de outra en base á secuencia establecida no seu algoritmo. Pronto este tipo de programación quedouse corta, en canto os programas informáticos se fixeron máis complexos. Coma na solución de calquera outro problema aplicouse a máxima divide e vencerás. É dicir, fraccionar ou descompoñer o algoritmo de programación en procesos máis pequenos e abarcables, que á súa vez se volven subdividir formando así unha estrutura modular. O problema agora reside no deseño que fai posible esa modulación. Un programa realizado mediante programación estruturada é o resultado de xuntar partes pequenas ou módulos para formar un todo homoxéneo. A práctica da programación estruturada posibilitou o emprego de rutinas, procedementos estandarizados e funcións que axilizan enormemente a programación.

Para ampliar

Na seguinte presentación detállase un pouco máis o concepto de programación estruturada. (premer)