Saltar navegación

3.4.- Estruturas de control

Ao crear o noso algoritmo debemos especificar de que forma este vai empregar os datos. Deberase ter un sistema para controlar como se traballan os datos e que percorridos teñen que facer. Debemos artellar unha estrutura no algoritmo que controle o fluxo de información ou de datos: as estruturas de control.

Son basicamente de tres tipos. As estruturas secuenciais, nas que se produce unha execución continua de arriba cara abaixo. O fluxo de información e, entón, de tipo descendente. As estruturas condicionais nas que o fluxo de datos se encamiña cara un lado ou outro en función dunha condición determinada. E as estruturas repetitivas, que realizan unha execución reiterada de instrucións un número fixo de veces, ou dependendo do resultado ao avaliar unha expresión. 

Ilustración cun grande número de frechas de cores que se cruzan

A programación mediante Estruturas de control baséase no Teorema do Programa Estruturado:

O teorema do programa estruturado é un resultado na teoría de linguaxes de programación. Establece que toda función computable pode ser implementada nunha linguaxe de programación que combine só tres estruturas lóxicas. Esas tres formas (tamén chamadas estruturas de control) especificamente son:

  1. Secuencia: execución dunha instrución tras outra.
  2. Selección: execución dunha de dúas instrucións (ou conxuntos), segundo o valor dunha variable booleana.
  3. Iteración: execución dunha instrución (ou conxunto) mentres unha variable booleana sexa 'verdadeira'. Esta estrutura lóxica tamén se coñece como ciclo ou bucle.
“Teorema del programa estructurado - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Teorema_del_programa_estructurado. [Consulta: 10-novembro-2017].

As funcións computábeis son o obxecto básico de estudo da teoría da computabilidade e son, especificamente, as funcións que poden ser calculadas por unha máquina de Turing.

Función computábel - Wikipedia, a enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://gl.wikipedia.org/wiki/Funci%C3%B3n_comput%C3%A1bel. [Consulta: 10-novembro-2017].

O tipo de dato lóxico ou booleano é en computación aquel que pode representar valores de lóxica binaria, isto é 2 valores, valores que normalmente representan falso ou verdadeiro.

Tipo de dato lógico - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Tipo_de_dato_l%C3%B3gico. [Consulta: 10-novembro-2017].

O tipo de dato lóxico ou booleano é en computación aquel que pode representar valores de lóxica binaria, isto é 2 valores, valores que normalmente representan falso ou verdadeiro.

Bucle (programación) - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Bucle_(programaci%C3%B3n). [Consulta: 10-novembro-2017].

Exemplo

Para procesos sinxelos unha estrutura secuencial basta. Por exemplo, para lavar a roupa, seleccionamos un programa na lavadora que realiza unha serie de accións progresivas segundo o programa. Sen embargo, un simple termóstato de calefacción funciona cuns programas con estrutura máis complexa. Nós, aparte de programar horas e días nos que queremos ter acesa a calefacción, asignamos unha temperatura de referencia. O aparello activará a calefacción ata acadar esa temperatura. Ao comprobar que a temperatura ambiente é a desexada, interrompe o funcionamento da calefacción. Ao baixar un pouco esa temperatura volve activala. Dalgún xeito o termóstato toma decisións en función das circunstancias, neste caso da temperatura. Así nun proceso continuo ata que, ou ben apaguemos o termóstato; ou entre un programa horario distinto que o desactive.