3.4.3.- Estrutura repetitiva
As estruturas de repetición, tamén chamadas bucles ou ciclos, permiten executar a mesma instrución ou grupo de instrucións unha ou varias veces. O número de veces que o bloque de instrucións se executa especificámolo explicitamente, ou ben supeditamos a repetición ao cumprimento ou non dunha condición. Denominamos iteración a cada repetición do bloque de instrucións, polo que tamén se coñecen a este grupo de estruturas como estruturas iterativas.
Temos fundamentalmente tres tipos de estruturas de repetición:
Un bucle ou ciclo é unha sentenza que executa repetidas veces un anaco de código, ata que a condición asignada ao devandito bucle deixa de cumprirse.
“Bucle (programación) - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Bucle_(programaci%C3%B3n). [Consulta: 10-novembro-2017].
Execución dunha instrución ou conxunto de instrucións mentres unha variable booleana sexa 'verdadeira'. Esta estrutura lóxica tamén se coñece como ciclo ou bucle.
“Teorema del programa estructurado - Wikipedia, la enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible: https://es.wikipedia.org/wiki/Teorema_del_programa_estructurado. [Consulta: 10-novembro-2017].
Estrutura mentres (While)
O bloque de instrucións execútase mentres a condición que introduzamos se cumpra (verdadeira, SI). Se non se cumpre continúa o fluxo de datos e non se executan as instrucións (falso, NON).
Estrutura facer-mentres (do while)
Neste caso, similar ao anterior, a condicións inserímola despois do bloque de instrucións, de xeito que se executa este bloque polo menos unha vez. Cando se cumpre a condición (verdadeira, SI) repítese; se non se cumpre ou déixase de cumprir (falso, NON), prosigue o fluxo de datos.
Estrutura para (for)
O bloque de instrucións vaise repetir un número de veces que estará en función dunha variable denominada variable contadora. Estableceremos un rango de valores cun valor mínimo e un valor máximo. Cada vez que se execute o bloque, a variable contadora incrementarase 1 valor. Así ata que cheguemos ao límite máximo de repeticións.
Estruturas repetitivas con PSeint.
A continuación vemos como se traballa con estruturas repetitivas en PSeint.
(Premer sobre as imaxes para velas máis grandes)
- MENTRES
-
A estrutura repetitiva MENTRES correspóndese coa instrución MENTRES de PSeint
MENTRESManuel Torres Búa. PSeint: Estrutura condicional MENTRES ... (CC BY-SA) - REPETIR ATA QUE ...
-
Esta instrución correspóndese coa estrutura repetitiva FACER MENTRES.
- PARA
Para saber máis
Neste vídeo explícase con detalle o traballo con estruturas repetitivas en PSeint. (Preme no botón)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0