3.4.2.- Estrutura condicional
A estrutura condicional ou estrutura de selección facilita o establecemento de condicións para executar unha instrución ou outra.
Podemos ter estruturas condicionais simples, dobres, múltiples ou aniñadas.
Estrutura condicional simple Se...entón... (If...then...)
Neste caso establécese unha condición no algoritmo de xeito que, ante a condición, pode haber dous camiños: cómprese a condición (verdadeiro) ou non se compre (falso). Emprégase este tipo de estruturas cando desexamos optar pola realización de determinadas accións ou non segundo unha condición.
Estrutura condicional dobre Se entón…senón… (If…then…else)
Neste caso, ante unha determinada condición que se establece, temos dous posibles camiños que levan a dúas accións distintas. O algoritmo levaranos a unha acción ou a outra dependendo de se cumprimos (verdadeiro) ou non (falso) a condicións establecida...
Estrutura condicional múltiple
A estrutura condicional múltiple permite dirixir o fluxo de datos cara diferentes instrucións ou bloques de instrucións en función do valor que tome o selector.
Estrutura aniñada
Neste caso realizaranse accións diferentes en función de múltiples condicións. É un axuste de varias estruturas simples consecutivas. Se a condición 1 se cumpre (no exemplo da imaxe) realizarase a acción 1, en caso contrario segue o fluxo de datos descendente. Se cumprimos a condición 2, realizarase a actividade 2, en caso contrario segue o fluxo descendente. E así sucesivamente. É importante establecer correctamente as condicións. Se cumprimos unha das condicións, o resto deben ser falsas; é dicir: non debe cumprirse máis que unha das condicións.
Estruturas condicionais con PSeint.
A continuación vemos como se traballa con estruturas condicionais en PSeint.
(premer sobre as imaxes para velas máis grandes)
- SE ... ENTÓN ...
-
Esta instrución de PSeint vainos valer para o condicional simple e o condicional dobre. Se empregamos todos os campos sería un condicional dobre: se ocorre a condición, entón temos esta acción. Se non ocorre temos estoutra. Convertemos este condicional dobre en simple eliminando a parte de Senón: Se ocorre a condición ocorre esta acción. Se non ocorre non pasa nada (continúa o fluxo de datos).
- SEGUNDO ...
-
Esta instrución corresponde co condicional múltiple.
- Estrutura ANIÑADA
-
Para crear unha estrutura aniñada en PSeint empregamos a instrución SE … ENÓN ... de forma sucesiva. Se cumpre unha condición, entón prodúcese unha acción, senón temos outra condición. ...
Para saber máis
Neste vídeo explícase con detalle o traballo con estruturas condicionais en PSeint. (Preme no botón)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0