3.4.1.- Estrutura secuencial
Unha estrutura secuencial é unha sucesión progresiva de accións que van ordenadamente executándose de arriba cara abaixo.

As accións que permiten definir unha estrutura secuencial no algoritmo con PSeint son as que veñen a continuación. (Algunhas delas xa as vimos anteriormente).
(premer)
Asignación
A instrución de asignación permite almacenar unha valor nunha variable. A sintaxe é a seguinte
<variable > <- <expresión> ;
Ao executarse a asignación, primeiro avalíase a expresión da dereita e logo asígnase o resultado á variable da esquerda. O tipo da variable e o da expresión deben coincidir.
Se a variable da esquerda non existía previamente á asignación, créase. Se a variable existía pérdese o seu valor anterior e toma o valor novo. Os contidos das variables que interveñen na expresión da dereita non se modifican.
En PSeint podemos premer o botón correspondente
Lectura
A instrución Ler permite ingresar información dende fóra, polo usuario.
Ler
<variable1> ,
<variable2> , ... ,<variableN> ;
Esta instrución toma valores dende o exterior, mediante a súa introdución no teclado, e asigna estes valores ás variables mencionadas. Poden incluírse unha ou máis variables.
Se unha variable onde se debe gardar o valor lido non existe, créase durante a lectura. Se a variable existe pérdese o seu valor anterior xa que tomará o valor novo.
En PSeint podemos premer o botón correspondente
Escritura
A instrución Escribir permite mostrar valores ao exterior.
Escribir <expr1> , <expr2> , ... , <exprN> ;
Esta instrución informa dos valores obtidos de avaliar as expresións 1, 2, 3…. Pode incluír unha ou máis expresións, e amosará polo tanto mostrará un ou máis valores.
Se hai máis dunha expresión, escríbense unha a continuación da outra sen separación, polo que o algoritmo debe explicitar os espazos necesarios para diferenciar dous resultados se así o require.
Se nalgún punto da liña están as palabras craves SIN SALTAR ou SIN BAJAR os valores amósanse na pantalla, pero non se avanza á liña seguinte, de modo que a próxima acción de lectura ou escritura continuará na mesma liña. En caso contrario, engádese un salto de liña logo das expresións mostradas.
Escribir Sen Saltar <expr1> , <expr2> , ... , <exprN> ;
Escribir <expr1> , <expr2> , ... , <exprN> Sen Saltar;
Outras accións secuenciais
A instrución Borrar Pantalla (ou Limpiar Pantalla) permite borrar a pantalla e colocar o cursor na esquina superior esquerda.
Borrar Pantalla;
A instrución Esperar Tecla detén o algoritmo ata que premamos unha tecla calquera do teclado.
Esperar Tecla;
A instrución Esperar tamén pode utilizarse para parar o algoritmo durante un intervalo de tempo predefinido, indicando a continuación da palabra crave a lonxitude e unidade do devandito intervalo. As unidades válidas son Segundos e Milisegundos.
Esperar 3 Segundos;
É aquela na que unha acción (instrución) segue a outra en secuencia. As tarefas sucédense de tal modo que a saída dunha é a entrada da seguinte e así sucesivamente ata o fin do proceso.
Características
- A estrutura secuencial ten unha entrada e unha saída.
- Un programa pode conter simplemente unha secuencia de instrucións.
- É aquela que executa as accións sucesivamente unhas a continuación doutras sen posibilidade de omitir ningunha e naturalmente, sen bifurcacións.
“Progradhtic - estructuras del algoritmo”, [En liña]. Dispoñible: https://progradhtic.wikispaces.com/estructuras+del+algoritmo. [Consulta: 9-novembro-2017].
Podemos ver na imaxe as tres accións secuenciais. (Premer para ampliar a imaxe)

Para saber máis
O seguinte vídeo detalla o traballo con variables en PSeint. Preme a continuación para velo.
Exemplo
Realizamos de novo un algoritmo da suma de dous números para observar as instrucións asignar, ler e escribir.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0