3.3.4.- Variables
Unha variable é unha porción de memoria onde se pode almacenar información. Como o seu nome indica, o valor almacenado nunha variable pode ir cambiando a medida que o programa avanza. Nun algoritmo faise referencia a unha variable mediante un identificador (o nome da variable). Un identificador debe comezar con letras, e pode conter só letras, números e o guión baixo. Non pode conter nin espazos nin operadores, nin coincidir cunha palabra reservada ou función da linguaxe, para non xerar ambigüidade.
- Declarar variables
-
En PSeInt as variables teñen un tipo de dato asociado, polo que durante a execución do algoritmo unha variable deberá gardar datos sempre do mesmo tipo. Pode declararse directamente o tipo dunha variable coa palabra crave Definir da seguinte forma:
Declaración de variables (CC BY-SA) .Podemos declarar a variable coa instrución Definir como carácter, número enteiro, número real ou como lóxico.
- Asignar variables
-
Se asignamos un valor nunha variable que non existe, esta crearase para o tipo de datos dos que forme parte o valor. Se a variable xa existía, esta toma o novo valor, perdendo o vello.
Manuel Torres Búa - Asignar variables (CC BY-SA)Unha vez inicializada, a variable pode utilizarse en calquera expresión (para realizar un cálculo nunha asignación, para mostrar en pantalla, como condición nunha estrutura de control, etc.)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0