3.3.1.- Datos
Os algoritmos van funcionar en base á adquisición, operación e saída de datos. Un dato, no mundo da programación, será a expresión que caracteriza ás entidades coas que operamos nun algoritmo.
Podemos ter os seguintes tipos de datos
Numérico
Poden ser enteiros ou reais- Enteiros
-
Conxunto dos números enteiros, incluíndo os números positivos, os negativos e o cero. Represéntanse cos díxitos do 0 ao 9, precedidos dun guión para representar aos números negativos.
154 -154 0 700 084 -084 - Reais
-
Os números reais que máis se empregarán serán os números con decimais. Os números decimais teñen unha parte enteira, unha parte decimal, un punto como separador decimal entre ambas partes e un guión ao comezo para indicar si se trata dun número negativo.
Lóxico
O tipo de datos lóxico, tamén chamado booleano é un tipo que só ten dous valores posibles: verdadeiro e falso. Este tipo de dato úsase para realizar operacións lóxicas sobre os datos, tomar decisións e controlar a execución dos programas.

Carácter
O tipo de datos de carácter permite procesar letras, números, símbolos e ideogramas ao asociar un código numérico a cada carácter que se desexa representar. O código máis empregado é código ASCII.
Os caracteres agrúpanse en cadeas de caracteres: 'Ola' "Ola mundo" '123' 'FALSO'…
(Péchanse entre comiñas dobres ou simples)
O dato é unha representación simbólica, numérica, alfabética, algorítmica, entre outros, un atributo ou característica dunha entidade. Os datos describen feitos empíricos, sucesos e entidades.
"Dato - Wikipedia, a enciclopedia libre", [En liña]. Dispoñible: https://gl.wikipedia.org/wiki/Dato. [Consulta: 8-novembro-2017].
Denomínase número real a todo elemento pertencente ó conxunto R, formado pola unión dos números enteiros, o corpo de fraccións asociado ó conxunto anterior (números racionais) e o conxunto dos números irracionais (os non expresables mediante unha fracción).
En: “Número real”, Wikipedia, a enciclopedia libre [En liña]. Dispoñible: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=N%C3%BAmero_real&oldid=4260044. [Consulta: 15-novembro-2017].
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0