3.2.4.- Que programas?
Debemos ter claro a estas alturas o produto que queremos desenvolver. Dependendo do tipo de produto empregaremos a linguaxe de programación máis axeitada. É importante telo en conta dende o principio, xa que cada linguaxe ten unhas características e aplicacións específicas. Polo tanto a linguaxe de programación escollida será unha das decisións sobre recursos tecnolóxicos que hai que tomar ao principio.

Para saber máis
Xa vimos algúns linguaxes de programación. No artigo seguinte descríbense as linguaxes recomendadas para crear aplicacións, indicando as características de cada unha delas.
Artigo ¿Qué lenguajes se utilizan para crear aplicaciones? En Temas Tecnologicos de Interes. (páxina web embebida))
O máis probable é que, se temos o deseño en pseudocódigo correctamente realizado, o paso a unha linguaxe de programación sexa fácil. Concretamente se traballamos coa aplicación PSeint podemos traducir directamente ás diferentes linguaxes, como amosa a seguinte imaxe: (Premer sobre ela para vela en grande)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0