Saltar navegación

3.2.3.- A aplicación PSeint

Moita xente do mundo da programación traballa directamente con pseudocódigo. Porén é moi útil a visión xeral que nos dá un diagrama de fluxo. O mellor é empregar ambas ferramentas, deseñando en diagrama o que pasamos despois a pseudocódigo ou ao revés.

Para traballar con pseudocódigo e diagramas en paralelo, podemos empregar algunha ferramenta específica. Xa vimos que existen moitas aplicacións para deseñar diagramas de fluxo. Non hai tanta variedade de ferramentas sinxelas que permitan o traballo con diagramas de fluxo e pseudocódigo en paralelo. Unha desas ferramentas, sinxela e de gran utilidade é PSeint.

 

PSeint é un programa libre que se distribúe baixo licenza GNU GENERAL PUBLIC LICENSE v2.

PSeInt - copyleft 2003-2017 (por Pablo Novara - zaskar_84<arroba>yahoo.com.ar)