Saltar navegación

1.6.1.- Algunhas linguaxes e códigos sinxelos

Son moitas as linguaxes de programación e as aplicacións que podemos empregar. Centrándonos na programación con código, algunhas das máis sinxelas ferramentas son as seguintes:

Basic

Logotipo do programa VisualBasic.

Linguaxe de programación de alto nivel creada a principios dos anos sesenta do século XX. Evolucionou con variantes ata os nosos días onde atopamos. É unha linguaxe creada e empregada durante moito tempo no ámbito educativo para aprender a programar. Inda así a súa evolución permitiu a creación de aplicacións  específicas.

Tradución e adaptación libre do artigo:

Colaboradores de Wikipedia. BASIC [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2017 [fecha de consulta: 29 de octubre del 2017]. Disponible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=BASIC&oldid=102797323>. 

Logo

Tartaruga, logotipo de Logo.

Logo é unha linguaxe de programación de alto nivel que se utiliza para o programa de Winlogo, en parte funcional, en parte estruturado; de moi fácil aprendizaxe, razón pola cal adoita ser a linguaxe de programación preferida para traballar con nenos e novos. Unha secuencia de instrucións en Logo pode constituírse nun rudimentario programa, usándose coma un bloque. Esta característica modular e reutilizable das instrucións fai que Logo sexa moi flexible, recursivo, e apto para traballarse en forma de módulos.

Tradución e adaptación libre do artigo:

Colaboradores de Wikipedia. Logo (lenguaje de programación) [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2017 [fecha de consulta: 29 de octubre del 2017]. Disponible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Logo_(lenguaje_de_programaci%C3%B3n)&oldid=101702030>. 

Python

Logotipo de Python

Python é unha linguaxe de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé nunha sintaxe que favoreza un código lexible. Trátase dunha linguaxe de programación multiparadigma, xa que soporta orientación a obxectos, programación imperativa e, en menor medida, programación funcional. É unha linguaxe interpretada, usa tipado dinámico e é multiplataforma.

Tradución e adaptación libre do artigo:

Colaboradores de Wikipedia. Python [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2017 [fecha de consulta: 29 de octubre del 2017]. Disponible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Python&oldid=102791481>. 

 Toolbox

Logotipo de ToolboX

ToolboX é unha contorna de desenvolvemento que permite introducir a programación de computadores en materias sen competencias informáticas.Parte da premisa de que o alumno, ao resolver un problema, realiza cálculos nunha secuencia determinada (é dicir, procede algoritmicamente) e pode expresalos nunha linguaxe informática sinxela, do mesmo xeito que o fai en estilo libre sobre un caderno ou lousa.

Tradución e adaptación libre do artigo:

Colaboradores de Wikipedia. Toolbox [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2017 [fecha de consulta: 29 de octubre del 2017]. Disponible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Toolbox&oldid=102829136>. 

HTML

Logotipo de html 5

HTML, que significa Linguaxe de Marcado para Hipertextos (HyperText Markup Language) é o elemento de construción máis básico dunha páxina Web e úsase para crear e representar visualmente unha páxina Web.

Tradución e adaptación libre do artigo:

Colaboradores de Wikipedia. HTML [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2017 [fecha de consulta: 29 de octubre del 2017]. Disponible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=HTML&oldid=102880516>.