Saltar navegación

1.5.4.- As linguaxes de programación

Podemos definir correctamente en que consiste unha linguaxe de programación, pero primeiro debemos saber que é unha linguaxe en xeral.

Unha linguaxe, como a nosa, é un conxunto de símbolos estruturados mediante regras fixas que permiten a comunicación

Polo tanto teremos que:

Linguaxe de programación

Unha linguaxe de programación será un sistema estruturado de símbolos e regras que permiten a comunicación entre nós (linguaxe humano) e a máquina para indicarlle unha serie de instrucións que debe realizar.

Clasifícanse habitualmente as linguaxes de programación en varias categorías:

Segundo a distancia á máquina

Linguaxe máquina

A linguaxe máquina é aquela linguaxe directamente procesable polo computador, a única que entende ou executa directamente a unidade de control do procesador.

Ensambladora

A linguaxe ensambladora utiliza códigos de asociación para indicar as operacións que ten que realizar o computador. Un código de asociación é unha palabra ou abreviatura fácil de lembrar que substitúe á secuencia de bits que representan o código de operación da instrución. (mnemotécnicos)

Linguaxes de alto nivel

As linguaxes de alto nivel son linguaxes «orientadas ao problema». Estas linguaxes utilizan unha terminoloxía que se aproxima máis á linguaxe humana. Cada instrución en linguaxe de alto nivel correspóndese, xeralmente, con varias instrucións máquina.

Por aplicación

Comerciais

Linguaxe que non ten unha forma libre de acceso ao seu código fonte, que só se atopa a disposición da empresa que o comercializa e non se permite a súa libre modificación, adaptación ou mesmo lectura por parte de terceiros.

Científicos

Para aplicacións de carácter científico-técnico como análise de datos, control de calidade, desenvolvemento, simulación,...

Intelixencia artificial

Para aplicacións relacionadas coas denominadas máquinas intelixentes.

Programación de sistemas

É a destinado a xestionar os recursos das computadoras e das comunicacións.

Internet

Linguaxes de programación para a Web, normalmente dinámicas, que permiten interactuar cos usuarios e utilizar sistemas de Bases de Datos.

etc...

Segundo o estilo (paradigma) de programación que necesitemos:

Linguaxe Imperativa

A programación imperativa ou por procedementos é o máis usado en xeral, baséase en dar instrucións ao computador de como facer as cousas en forma de algoritmos. O exemplo principal é a linguaxe máquina. Exemplos de linguaxes puras deste paradigma serían o C, BASIC ou Pascal.

Linguaxe declarativa

As sentenzas que se utilizan o que fan é describir o problema que se quere solucionar; prográmase dicindo o que se quere resolver a nivel de usuario, pero non as instrucións necesarias para solucionalo. Isto último realizarase mediante mecanismos internos de inferencia de información a partir da descrición realizada.

Linguaxe orientada a obxectos

Traballan a partir de unidades básicas denominadas obxectos, de forma que cada un deles posúe as características básicas e as operacións que se poden facer con eles. Os principais son Java, C++, Visual Basic, C#, Python, Smalltalk, …