1.5.3.- Máis fácil: o alto nivel
Inda se pode facilitar a nosa comunicación coa máquina empregando linguaxes máis próximos á nosa propia linguaxe. Trátase de programar mediante ordes máis xerais que se empreguen habitualmente. Estas ordes se traducen directamente a unha secuencia de instrucións nunha linguaxe de baixo nivel que as comunique directamente á máquina.
As linguaxes de alto nivel son aquelas que utilizan a linguaxe natural para realizar programas e, por tanto, necesitan outro programa para xerar o código máquina xa que a computadora non os entende directamente. Este programa pode ser:
Un Intérprete
Traduce cada liña do programa seguindo a secuencia; executa o programa paso a paso ata o final ou ata que atopa un erro, nese caso, detense.
Un Compilador
Traduce o programa completo creando outro que entende en computador e que se chama programa obxecto; se atopa erros, indica a súa posición para que sexan corrixidos. O programa obxecto obtido é o executable.
A gran vantaxe das linguaxes de alto nivel é que conseguen distanciarse da linguaxe máquina e aproxímanse á linguaxe natural.
Linguaxes de alto nivel importantes
Existen unha grande cantidade de linguaxes de programación de alto nivel, pero entre os que teñen maior importancia histórica están os seguintes:
Información de: https://lenguajesaltonivel.wikispaces.com/ are licensed under a Creative Commons Attribution Share-Alike 3.0
Máis fácil aínda
Veremos algunhas linguaxes nos próximos temas, pero existe un certo tipo de aplicacións ou linguaxes cunha maior facilidade de uso. Agrupan unha serie de instrucións ou funcións en bloques que se amosan na interface de forma clara. Son as denominadas Linguaxes Visuais ou por Bloques.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0