Saltar navegación

1.5.2.- Ensamblando ceros e uns

É moi difícil, como ves, pasar directamente calquera instrución sinxela que queiramos introducir na computadora a un linguaxe con ceros e uns. Sería moi laborioso. Para aforrar parte do traballo empregamos a linguaxe ensambladora.

Esta linguaxe funciona mediante instrucións básicas máis recoñecibles por nós que agrupan unha serie de operacións binarias. Cada instrución que programamos na linguaxe ensambladora corresponde cunha secuencia de instrucións na linguaxe máquina. O que obtemos programando con linguaxe ensamblador é o que se denomina código fonte.

Esta linguaxe substitúe o código máquina empregando instrucións formadas por palabras alusivas á funcionalidade que teñen no programa. Estas instrucións chámanse mnemotécnicas. É máis sinxelo que a linguaxe máquina, pero non pode ser executado directamente polo computador, necesitando a mediación dun programa tradutor que é o chamado ensamblador. Os primeiros ensambladores xurdiron na década dos 50, pero na actualidade posúen grandes posibilidades de abstracción, o cal os fan máis fáciles de manexar.

A linguaxe ensambladora forma parte das denominadas linguaxes de baixo nivel. É dicir, aquelas linguaxes de programación que controlan de forma máis directa a computadora e están condicionadas pola constitución da máquina sobre a que queremos traballar.

Representamos o proceso no seguinte gráfico:

Un código mnemotécnico é un sistema sinxelo utilizado para lembrar unha secuencia de datos que non poden lembrarse facilmente.