Saltar navegación

1.5.1.- Con ceros e uns

As computadoras non entenden a nosa linguaxe. Traballan con  valores moi básicos. Precisamos traducir o que queremos a unha linguaxe que a máquina poida entender

A linguaxe máquina é a que emprega a computadora. Utiliza o código binario, que só ten dous posibles valores: 0 e 1, denominados bits. Todas as instrucións que lle damos á computadora estarán formadas por unha combinación de 0 e 1. Foi o primeiro linguaxe de programación que se empregou, pero é moi laborioso programar directamente con este sistema, polo que practicamente xa non se utiliza.

Ilustración formada con ceros e uns.

Bit é o acrónimo de Binary digit (ou sexa de díxito binario). Un bit é un díxito do sistema de numeración binario. A capacidade de almacenamento dunha memoria dixital tamén se mide en bits, pois esta palabra ten varias acepcións. O usual é que un rexistro dixital vinculado coa computación ou coas telecomunicacións, teñan unha capacidade de representación de informacións de por exemplo 8 bits, 16 bits, 32 bits, 64 bits, etc.

Fonte: https://es.wikipedia.org/wiki/Bit

Se queremos dicirlle algo á computadora debemos facelo mediante unha combinación de ceros e uns.

Fisicamente a computadora percibe os 0 e 1 como niveis de tensión eléctrica. 0 non hai tensión e 1 si hai tensión. Recibe estas correntes eléctricas mediante uns cables que transmiten á vez un número determinado de bits mediante uns condutores. Nun momento dado parte dos condutores dos cables (denominados buses) teñen corrente e outros non. Moi pouco despois tempo cambia a situación. Deste xeito a máquina recibe de forma moi rápida sucesións de combinacións de 0 e 1 que teñen un valor determinado para ela. Se se transmite con oito condutores obtemos números binarios de 8 bits (10011100, 01110001, ….).

Código binario

O bit é a unidade mínima de información empregada en informática, en calquera dispositivo dixital, ou na teoría da información. Con el, podemos representar dous valores calquera, como verdadeiro ou falso, aberto ou pechado, branco ou negro, norte ou sur, masculino ou feminino, vermello ou azul, etc. Basta con asignar un deses valores ao estado de apagado , e o outro ao estado de aceso.

Cun bit podemos representar soamente dous valores ou dous diferentes estados, que adoitan representados como 0, 1. Para representar ou codificar máis información nun dispositivo dixital, necesitamos unha maior cantidade de bits. Se usamos dous bits, teremos catro combinacións posibles ou catro posibles números binarios.

Números binarios

Por exemplo, existe unha correspondencia entre os números do noso sistema decimal e os números binarios

Tamén as letras do alfabeto e determinados símbolos básicos teñen unha correspondencia con números binarios de 8 bits (combinación de oito 0 e 1). É o denominado código ASCII

Ampliación

Podes ver a información completa na seguinte ligazón:

Acceso á https://es.wikipedia.org/wiki/Bit