1.4.3.- O programa

Un programa informático é a implementación dun algoritmo empregando unha linguaxe específica que permite a comunicación coa computadora.
É dicir, co programa materializamos o noso deseño algorítmico nun conxunto de instrucións que lle damos á computadora.
Programa Informático
Un programa é un conxunto de instrucións ordenadas secuencialmente que permiten a un computador interpretar unha información de entrada, procesala e producir unha información de saída.
En forma de secuencia, é dicir: unha sucesión de feitos ou tarefas que manteñen unha relación entre si.
Os programas están formados por algoritmos e pola estrutura de datos. Normalmente están divididos en módulos de modo que a complexidade de cada parte sexa menor que a do programa completo, facilitando así o desenvolvemento do programa. Esta é a base da programación estruturada.
Características dos programas
Os programas, para que sexan válidos, deben cumprir unha serie de características básicas: (premer)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0