1.4.1.- Alimentando os algoritmos
Os datos cos que alimentamos o algoritmo ou o programa son traballados pola máquina de acordo co deseño lóxico que creamos. A computadora realiza unha serie de operacións que poden ser de distinta natureza:
Operacións (CC BY-SA) .
Aritméticas
Cando se realizan operacións con datos de tipo numérico (división, suma, potencia,..).
Alfanuméricas
Cando se opera con datos tipo carácter ou cadeas.
Relacionais
Cando se realizan comparacións entre datos do mesmo tipo.

Relacións alfanuméricas (Dominio público) .
Lóxicas
Avalían a lóxica de expresións
En programación, unha cadea de carácteres, palabras ou frase (string, en inglés) é unha secuencia ordenada de lonxitude finita de elementos que pertencen a unha certa linguaxe formal ou alfabeto análogas a unha fórmula ou a unha oración.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0