1.3.3.- Cal é a súa utilidade?
Deberemos distinguir entre algoritmos informais e algoritmos formais: (premer)
1º.- Algoritmos informais
Son aqueles algoritmos que non son facilmente realizables a través dunha computadora. A persoa é a que executa o algoritmo principalmente, inda que en parte se poida axudar da computadora.
Podemos ver moitas das cousas que facemos na nosa vida como algoritmos; é dicir: unha secuencia de pasos organizados de cara a un determinado fin. Así temos algoritmos para preparar o almorzo, para ir ao traballo, para ir ao cine,…
Son os denominados algoritmos informais ou cualitativos: descritos por medio da linguaxe natural para obter unha solución a un problema.
2º.- Algoritmos formais
Son os algoritmos que se implementan mediante a computadora.
Fronte aos algoritmos informais ou cualitativos temos os algoritmos formais ou cuantitativos, que buscan a solución do problema mediante o cálculo.
A posta en práctica de algoritmos informáticos complexos ten permitido multitude de avances. A implementación de algoritmos complexos levou o desenvolvemento da tecnoloxía e causou un grande impacto na nosa forma de vida.
Exemplo de algoritmo informal
Un exemplo pode ser ir ao cine. Se listamos todos os pasos e decisións que debemos realizar obteremos algo así:
Vemos que unha actividade tan sinxela pode levar aparellado grande cantidade de tarefas e decisións. E estas tarefas e decisións facémolas, en grande medida, de xeito inconsciente. Poderiamos achegarnos máis á realidade e complicar un chisco o diagrama:
-
Podemos ir acompañados de unha ou varias persoas.
-
A elección da película pódese facer como unha selección múltiple, entre xéneros e, dentro de cada xénero, entre películas da carteleira.
-
A elección da sala podería tamén ser o resultado dunha selección múltiple entre as que existen na cidade e nos arredores.
-
Por último poderiamos decidir se collemos flocos de millo. En tal caso decidir que tamaño. Tamén a bebida. Etc.
Ampliación
Blog con algúns exemplos de actividades cotiás expresadas en forma de algoritmo. (Algoritmos cualitativos)
Acceso a http://carlxd.blogspot.com.es/2011/02/algoritmos-cotidianos.html
Ampliación
Como exemplo de algoritmos fundamentais podemos ver esta infografía: Algoritmos que cambiaron el mundo.
(En inglés)
Embebida. Ligazón http://www.collegedegreesearch.net/wp-content/uploads/2014/06/algorithms.png
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0