Saltar navegación

1.3.2.- Xa o dicía Al-Juarismi hai 1200 anos

Selo coa figura de Abu Abdullah Muhammad bin Musa al-Khwarizmi

Seguramente asociamos a palabra algoritmo coa informática. Sen embargo a orixe do termo é ben antiga. Provén dun importante matemático persa: Abu Abdallah Muḥammad ibn Mūsā al-Jwārizmī, abreviado como Al-Juarismi.
A etimoloxía do termo é a seguinte:

Algoritmo (del árabe) Es una deformación del nombre de Al-Khuwarizmi, que ya hemos dicho que fue uno de los grandes matemáticos árabes del siglo IX a. C. Cuando se tradujeron al latín sus obras la gente se refería a su sistema de notación como el de Al-Khuwarizmi, y su nombre se fue deformando y latinizando hasta llegar a nuestro actual algoritmo.

Esteban Serrano Marugán, “Etimología de algunos términos matemáticos”. Suma. Revista para la enseñanza y el aprendizaje de las matemáticas. no. 35. (2000). páx 88 [En liña]. Dispoñible: https://revistasuma.es/IMG/pdf/35/087-096.pdf.
 Wikimedia Commons. Abu Abdullah Muhammad bin Musa al-Khwarizmi.jpg for a version of the stamp (Dominio público)

Biografía

Muhammad o Muhammed ibn Musa al-Khwarizmi

Selo coa figura debuxada do libro de  Al-Juarismi: Al-Kitāb al-muḫtaṣar fī ḥisāb al-ğabr wa-l-muqābala
(Muhammad o Muhammed ibn Musa al-Khwarizmi, al-Juarismi o al-Jwarizmi; ?-?, c. 850) Matemático árabe. Escribiu unha obra titulada Libro da redución, cuxa versión latina tivo gran influencia na matemática europea ata mediados do século XV. A latinización do seu nome deu lugar á palabra guarismo. Pouco sabemos da vida deste astrónomo, xeógrafo e matemático musulmán do século IX. Era natural de Juwarizm (Jhiva), e residiu no Irak, na corte do califa Abasida al-Namùn (813-833). Figurou entre os familiares deste soberano, moi afeccionado ás ciencias exactas; participou na medición da declinación solar, levada a cabo no curso daquel reinado, e morreu cara ao ano 850. Da popularidade deste Libro da Redución dan proba dous termos do noso máis común linguaxe matemática. En primeiro lugar, a palabra algoritmo, que deriva evidentemente do nome da al-Jwarizmi (igualmente a palabra guarismo). E en segundo lugar, a mesma palabra álxebra, introducida en Occidente por medio deste tratado árabe, no que o termo al-yéber designa a coñecida operación pola que un termo pasa dun membro a outro dunha ecuación, cambiando de signo.  
Adaptación e tradución de “Biografia de Muhammad ibn Musa al-Jwarizmi”, [En liña]. Dispoñible: https://www.biografiasyvidas.com/biografia/j/jwarizmi.htm. [Consulta: 17-outubro-2017]. Licenza: libre con indicación de orixe,

Premer a continuación se desexamos coñecer algo máis deste interesante persoeiro.