1.3.1.- Que é un algoritmo?
Un algoritmo é o conxunto ordenado e finito de pasos ou actividades relacionados entre si que nos permiten solucionar un problema.
Crearemos o algoritmo unha vez coñecido e obxectivado o problema, e decidida a forma de solucionalo.

Algoritmos no proceso de programación (CC BY-SA) .
Para que exista un algoritmo debemos ter (premer)
Características dos algoritmos
- Debe estar correctamente definido
- Debe ser preciso
- Ten que estar delimitado, cun principio e un fin claros
- Son independentes das linguaxes de programación
Para saber máis
Podemos ler estas tres definicións de algoritmo que persoeiros importantes na programación informática nos deixaron
Citas obtidas en :
“Definición de Algoritmo | La web de la programación”, [En liña]. Dispoñible: https://duglasm.wordpress.com/2012/07/14/definicion-de-algoritmo/. [Consulta: 23-novembro-2017]. Licenza Creative Commons BY SA.
Tradución libre.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0