1.2.3.- Os proxectos de programación informática
A programación informática resolve problemas. Pero a programación, entendida como a edición dun programa informático, non é máis que a ferramenta que empregamos para obter o produto co que tentamos resolver ese problema. Debemos falar entón de Proxectos de Programación.
Proxectos de Programación Informática
Un Proxecto de Programación é un conxunto de actividades ou tarefas relacionadas entre si e coordinadas para acadar un produto informático nun prazo determinado que solucione un problema ou satisfaga unha necesidade.
Para elaborar e implementar ese proxecto servirémonos do Método de Resolución de Problemas ou Método de Proxectos e do Pensamento Computacional.

Etapas do Método
Os proxectos que levan á creación dun produto informático non comezan diante dun ordenador editando o programa. Ata chegar a esa fase debemos enmarcar o noso produto no contexto da solución dun problema ou da satisfacción dunha necesidade. Debemos primeiro analizar e definir correctamente o problema, deseñar o produto que o vai solucionar e executar ese deseño, agora si, programando e depurando o programa. Finalmente poñeremos en funcionamento o produto e definiremos a sistemática de mantemento.
Este proceso ou método de proxectos é ademais cíclico. Cando estamos nunha fase debemos retornar moitas veces ás fases anteriores con nova información que fai de feedback. Cando deseñamos igual temos que revisar a análise do problema, ou cando executamos o deseño. Ademais un proxecto deste tipo non remata coa posta en funcionamento do produto final. Debemos mantelo, revisalo, actualizalo,... Regresaremos así de novo ao ciclo de proxectos.
No seguinte vídeo explícase resumidamente as catro grandes etapas en que podemos dividir os proxectos de programación. (premer en play para ver a presentación )
Podes ver con detalle a infografía a continuación, premendo na imaxe para ampliala. (Ábrese nunha nova ventá)
Etapas nos Proxectos de Programación Informática. (CC BY-SA) .
Proceso proxectual
Partindo das catro grandes etapas antes sinaladas desenvolvemos o proceso:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0