1.1.- Para comezar …
Para programar debemos facernos unha serie de preguntas que nos axuden a guiar o noso traballo:
- Cal é o problema ou necesidade que pretendemos resolver?
- Que condicións temos que cumprir?
- Con que produto o imos resolver?
- Cal é o proceso que temos que seguir?
- Como comprobamos se temos solucionado o problema?
Como podes observar podemos realizar todo o proceso anterior sen programar un ordenador. O que queremos e solucionar un problema concreto empregando o sistema de traballo que se desenvolve coa programación informática.
Obxectivos da unidade
- Coñecer o método para a solución de problemas mediante a programación
- Comprender o concepto de algoritmo
- Obter unha visión xeral do proceso de comunicación coa computadora
Antes de continuar debemos definir axeitadamente estes dous conceptos:
Pensamento Computacional
É a capacidade que temos de analizar e resolver problemas de xeito eficaz mediante destrezas relacionadas coas técnicas informáticas.
Programación
A programación informática é a ferramenta que empregamos para comunicarnos coa computadora e indicarlle as instrucións necesarias para realizar o noso traballo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0