Saltar navegación

3.- "Liña de tempo" (proposta de traballo cooperativo)

Liña de tempo cos autores homenaxeados

Captura do programa Timeline
Xosé Antón Vicente. Captura Timeline (Dominio público)

En grupos de catro tedes que elaborar nunha liña de tempo dez fichas, correspondentes a dez dos autores ou autoras homenaxeadas con un Día das Letras Galegas dende 1963. Seredes vós quen decidades sobre que autores facelo.

En cada ficha hai que poñer os seguintes datos:

Label: O nome do autor ou autora homenaxeado

Short Description: O ano no que foi homenaxeado

Full Description: Lugar e ano do nacemento e morte, a que se adicou e algunha obra destacada (Esta información só aparecerá cando exportemos ao final o traballo a pdf).

Imaxe: Facer unha caricatura do autor ou autora nun programa dixital ou escanealo se o fixemos en papel e logo subilo. De non ser posible buscar algunha caricatura de repositorios libres.

Ferramenta suxerida:

Captura final de Timeline
Xosé Antón Vicente. Exportar a pdf con Timeline (Dominio público)


Son moitas as ferramentas que nos permiten facer liñas de tempo. Suxerimos Timeline xa que non é preciso rexistrarse e nos permite gardat o proxecto como .rwt mentras o teñamos como borrador e finalmente exportalo a pdf. Ten a desventaxa que está creado sobre Flash cos problemas que esta tecnoloxía ten nalgúns navegadores.

Ligazón a un manual en pdf (elaborado polo INTEF e polo tanto está en castelán)

Video de Youtube de como crear liñas de tempo con Limeline.

Nota para os docentes

Rúbrica para avaliar as tarefas de realización grupal:

Rúbrica para avaliar tarefas grupais
Xosé Antón Vicente Rodríguez (feito cunha plantilla de Genially). Rúbrica para avaliar o traballo grupal (CC BY-NC-SA)