Saltar navegación

Unha pequena viaxe pola música do mundo

Chegando ao final da viaxe

A última parada antes de voltar a casa, será en México. 


México é o país onde viviron os maias e outras civilizacións ata a chegada de Cristóbal Colón no ano 1492. A mestura desas culturas coa española deu lugar á música tradicional do país.


Para coñecer un pouquiño da súa cultura e costumes imos traballar cunha canción tradicional que se chama
"Dale, dale", unha canción tradicional que se canta diante dunha piñata.


Queres saber un pouco máis? Continúa lendo!

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0