Saltar navegación

Os controis

SISTEMA DE CONTROL

  • Baliza: é unha bandeirola de tea en forma de prisma triangular de 30 cm. de lado, dividida diagonalmente nas cores branco e laranxa, que  atoparemos á beira de elementos concretos do terreo, e sinalizadas no mapa mediante un circulo vermello. As súas cores son así de vistosos para non confundila con ningún elemento da contorna.
  • Pinza: acompañando a cada baliza atopámonos tamén unha pinza claveteada que nos permite facer unha marca no cartón de control, para demostrar que pasamos por ese punto. Esta pinza, modelo xa tradicional, atopámola sobre unha tablilla que ten que ter impreso un número de control, que nos axude a cerciorarnos que nos atopamos no elemento que buscamos. Actualmente emprégase tamén un sistema electrónico (estación na que se introduce un chip que leva cada corredor). A orde das picadas e da procura das balizas debe manterse segundo o establecido no mapa doo percorrido. Para iso temos a axuda do
  • Cartón de descrición de controis: este elemento achega gran axuda ao orientador/a, pois nel veñen especificados con detalle todos os datos relativos ao percorrido en canto a: distancias e desniveis, categoría, numero de controis co seu código numérico e a descrición da localización dos mesmos, para que a perda de tempo á hora de buscar a baliza sexa o mínimo. Nel aparece unha simboloxía moi específica e concreta e moi vinculada á que aparece no mapa, e aínda que non é un elemento obrigatorio e imprescindible dada a súa importancia para atopar a baliza con exactitude que normalmente vén impreso nos mapas.O propósito da descrición de controis é dar unha maior precisión.
  • Tarxeta de control para certificar o paso de cada corredor (orientador)

O percorrido do corredor  e orientación debe vir impreso no mapa en cor vermello. O control de saída represéntase cun triángulo.Cada control do percorrido márcase cunha circunferencia e o seu número correspondente, e o control de meta represéntase con dúas circunferencias concéntricas.


Para verificar que o corredor pasou polos puntos de control que se lle marcan no mapa, colócanse no terreo as chamadas "balizas" que son visibles mediante as cores branco e laranxa e acreditan o paso mediante a perforación do cartón de control do corredor coa pinza.


A SECUENCIA DA CARREIRA:

1.-  O corredor obtén o seu cartón de control ao comezar a carreira. Nel figurará a súa hora de saída.


2.-  Ao seu paso por cada punto de control , perfora coa pinza mecánica o correspondente código co número de orde esdtablecida.


3.-  Na meta entrega o seu cartón na que se lle pon a súa hora de chegada.


4.-   A organización calcula o tempo empregado no percorrido e comproba que os códigos rexistrados son os correctos.

    Exemplo da presentación de Orientación consultado o 17 de marzo en  http://orientacion-usc.blogspot.com.es/p/que-e.htm