Saltar navegación

O mapa

O MAPA

É unha representación gráfica en dúas dimensións e tamaño reducido dun territorio real. Noutras palabras: un debuxo que representa un espazo real visto desde arriba. Pero un mapa non serve de nada se non somos capaces de interpretalo, é dicir, "ler" o que "está a dicir" sobre a realidade. E para iso hai que prestar atención e entender catro elementos fundamentais:

                                         - A lenda. Onde se explica o significado das cores e símbolos utilizados na representación.

                                         - O Norte. Todos os mapas teñen sinalado o norte, só hai que saber orientalo coa realidade.

                                         - Escala. Relación entre a distancia na realidade e a distancia no mapa.

                                         - O relevo. Representado por curvas que marcan todos o puntos que están á mesma altura.

Dos distintos tipos de mapas que nos atopamos normalmente (croquis,planos turísticos,de estradas,políticos...) nos interesan os físicos e dentro deles para orientarnos no medio natural, os mapas máis aconsellables son os topográficos, que nos proporcionan a máxima información sobre a configuración física do terreo, cos seus diversos accidentes (montañas, vales...), elementos creados polo home (estradas, pistas, refuxios...) e elementos naturais (ríos, fontes, pantanos...).

"mapas.png" de Suso Lojo modificando distintas imaxes libresi Licencia de Creative Commons 

NO DEPORTE DA OIENTACIÓN o mapa (normalmente topográfico) que os paticipantes deben levar e que se lles entrega para a realización da proba nunha funda protectora de plástico transparente, realízanse seguindo regras moi precisas, para que se poida identificar todos os puntos característicos do terreo, determinar ángulos, calcular a distancia que separa dous puntos, e definir a altura e pendente do terreo.

As súas características básicas son:

-Ten un gran nivel de detalles, tentando reflectir todo o que hai no terreo,incluso os elementos máis pequenos.

- Aporta información relativa ao espesor da vexetación e aos obstáculos do terreo que nos podemos atopar 

- Non ten topónimos por regra xeral, é dicir, caracterízase por unha ausencia de nomes das poboacións, de lugares, de información turística,...

- Non ten cuadrículas de coordenadas.

- Unha escala, que adoita ser de 1:15000 (1 cm no plano corresponde a 150 metros do terreo real).

- Uns símbolos específicos que se axustan ás normas internacionais.

- Levan unha "información marxinal" ou "lenda" que indican os símbolos usados no mapa, a escala, a equidistancia, a declinación,...

-  Unhas liñas que cruzan o mapa de abaixo a arriba e que sinalan a dirección do norte magnético nesa zona.

-  A actualización de todas as modificacións que puidese sufrir o terreo como os novos camiños,as talas de árbores, as novas construcións, ...

A LENDA

A lenda son todas as anotacións que aparecen xunto ao mapa para que sepamos o significado dos símbolos utilizados nel, Axúdanos á súa interpretación e lectura.

Os símbolos do mapa topográfico empréganse para debuxar os elementos no mapa que non poden ser representados a escala. En canto á súa representación no mapa atopamos a poboación (de cor vermella), o movemento de terras (cor siena), a hidrografía (cor azul), o elemento vexetal:(cor verde), o elemento industrial ou administrativo (cor negra), e para as redes de transporte empréganse dúas cores segundo sexan estradas, autovías, ou autoestradas,representadas de cor vermello, ou os camiños,as vias pecuarias o ferrocarril e os oleodutos de cor negra.

Os límites administrativos son representados mediante símbolos lineais de cor negra que combinan cruces e lineas en distinto número, sinálanse os límites entre as diferentes unidades administrativas: municipios, provincias, comunidades autónomas e estados.

Nación: ++++++++     Autonomía: +.+.+.+.   Provincia: +-+-+-+-  Concello: +--+--+--+

 

imaxe pública extraída do IGN  consultada o 8 de xullo de 2016 en http://www.ign.es/ign/resources/actividades/CT/NORMAS_EDICION_MTN25_V1.2.pdf - - -  "lenda.png" de Suso Lojo  Licencia de Creative Commons 

  

O RELEVO

O relevo represéntase nun mapa mediante catro elementos principais.

Licencia de Creative Commons 

1- AS CURVAS DE NIVEL: son liñas imaxinarias que unen diferentes puntos da superficie á mesma altura polo que son útiles para saber á altitude en que estamos. Son liñas pechadas e nunca poden cortarse unhas a outras nin bifurcarse.

2- AS COTAS E VÉRTICES XEODÉSICOS:

as cotas represéntanse mediante un punto marrón ou negro que indica a altura dun punto sobresainte ou importante con respecto ao nivel do mar. Designane puntos crave ou de interese (cimas, collados, ríos, pontes, edificios illados, ...). Os vértices xeodésicos son cilindros de pedra montados sobre unha base cuadrangular que constitúen unha referencia fixa de altitude, posición e distancia e aparecen representados nos mapas con triángulos.

3- AS SOMBRAS: empréganse para dar sensación de relevo nos mapas e consiste en escurecer con distintas intensidades determinadas zonas do mapa (nomalmente suponse unha fonte de luz procedente do cunha inclinación de 45º. como podemos ver no exemplo.

4- AS TINTAS HIPSOMÉTRICAS: emprégase tamén para dar sensación de relevo nos mapas. Consiste en colorear o espazo comprendido entre dúas curvas de nivel de distintas cores ou ds mesma, pero con tonalidades diferentes.