Saltar navegación

O compás

Un instrumento de orientación

Despois do mapa, o compás é o elemento máis importante para ser capaz de orientarse nun territorio descoñecido. O seu funcionamento baséase na atracción magnética que exerce a Terra sobre unha agulla imantada. De maneira que cando o compás detense horizontalmente, oriéntase indicando o norte magnético.

CUN MAPA

Primeiramente procuraremos a nosa posición no mapa, para o que buscaremos accidentes no terreo como montes, picos, lombas, ríos, cabanas,e demais elementos ao  noso redor para localizalos. Unha vez atopados viramos o plano ata que coincidan as direccións reais coas do mapa. Agora ollando o mapa sen movelo podemos ver cal é a dirección a seguir e como o plano está orientado en dita dirección.

CUN MAPA E UN COMPÁS

Como o compás indícanos o Norte viramos o mapa ata deixalo orientado co que indique o compás(o nomal é que no lado superior do mapa corresponda ao Norte), polo que xa orientado o mapa buscamos a nosa posición en relacións cos obxectivos para trazar a liña da nosa dirección para seguila sobre o terreo.

 "Orientación en Montaña. Mapa y Brújula. FIJAR RUMBO" de Zerimar Supervivencia consultado o 13 de marzo en  https://youtu.be/1RfGZ4IZcnM

Pero atopámonos na situación en que non temos mapa e tampouco compás.De que xeito podémonos orientar?:

existen varios métodos alternativos, entre os que atopamos o método do reloxo, polo sol, pola sombra dun pau, pola lúa, polas estrelas, e tamén polos signos naturais (pola vexetación, polo brión, polas árbores.).

Chegou o momento en que investigues máis sobre estes signos no hemisferio norte. Escomenza a túa procura.