Saltar navegación

Historia

Crónica dun deporte olímpico

No século XIX, onde xorde a orientación como deporte de forma case simultánea nas academias militares de Kachberi (Estocolmo) e Kristiana (Noruega) onde se organizaron as primeiras competicións militares consistentes en pasar mensaxes a través de bosques nevados cos esquíes.En outubro de 1890, tivo lugar a primeira proba de orientación a pé polo club noruegués Tjalve, onde se usou, por primeira vez, a palabra "orientación", con carácter deportivo. O primeiro encontro a gran escala de orientación foi organizado en 1918 polo oficial sueco Ernst Killander en Estocolmo. Killander dedicábase ao movemento scout e as actividades ao aire libre (atletismo e ciclismo) polo que continuou elaborando as regras e os principios do deporte.Hoxe en día é considerado por toda Escandinavia como o  "pai" ou fundador da Orientación. Finalmente no ano 1942  inclúese como materia nas escolas suecas, adquirindo o status olímpico como deportes de inverno nos xogos de 1949.

No ano 1961 creouse a Federación Internacional de Orientación (IOF),á cal hoxe en día están afiliados 40 países.En 1977, a carreira de orientación a pé foi recoñecida polo comité olímpico internacional outorgándolle status olímpico (xogos de verán). En España comezouse a practicar como deporte dentro das forzas armadas no 1960 e dende o 1970 está presente no ensino do noso país.

ESCOLLE A OPCIÓN HISTÓRICA REAL

Pregunta

Ónde xorde a Orientación por primera vez?

Respostas

En Escandinavia

En España

En Italia

En Francia

Retroalimentación

UN DEPORTE CON HISTORIA DENDE...

Pregunta

Aparece como deporte no século:

Respostas

XIX

XXI

XVIII

Retroalimentación

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

O deporte da Orientación é practicado por primeira vez con esquíes e máis tarde a pé.