Saltar navegación

Definición

A orientación

A Real Academia Galega a define comoa a determinación do lugar ou da posición en que alguén se atopa con respecto aos puntos cardinais ou a outro punto calquera de referencia.

Outros autores defínena de forma máis práctica como a acción de moverse por lugares diferentes sen ter problemas para chegar ao destino previsto xa sexa coñecido ou non, esto é coa indicación ou determinación correcta do camiño a seguir.

As plantas e os animais sempre se orientan buscando as condicións máis óptimas para o seu desenvolvemento. Todos os animais orientan as súas accións e modifican o seu comportamento para poder satisfacer as súas necesidades primarias.O home tamén necesita orientarse, pero xa non tanto para conseguir os elementos vitais (auga,alimentos e abrigo), senón para gozar do mundo exterior que o envolve.

- As ramas máis longas e grosas das árbores ailladas diríxense ao sur (máis luz e calor)

- O brión sempre é máis abundante na vertente norte.

- Os niños de aves están orientados ao sur para aproveitar ao máximo as horas de luz

É pois moi importante ter algunhas nocións de orientación mediante recursos naturais, porque nun momento dado pódenos servir de gran axuda. O sol, a lúa, a estrela polar ou o propio comportamento dos seres vivos serán unha referencia para localizar os puntos cardinais:

- O sol: fai o seu percorrido de leste a oeste pasando polo sur, onde se atopa ás doce da hora solar (cunha diferenza dunha ou dúas horas según sexa inverno ou verán).

- A lúa: segundo as súas fases e a hora atópase situada nun ou noutro punto cardinal (chea, nova, crecente e menguante).

- A estrela polar pola noite marca a dirección norte

 




Orientación deportiva

A orientación é un deporte orixinario da península escandina no que cada participante realiza unha carreira individual ou colectiva cronometrada con axuda dun mapa específico para este deporte, no que están marcados uns certos controis polos que debe pasar, e que son secretos ou descoñecidos polo corredor antes de escomezar a súa carreira. Xeralmente, existen diferentes percorridos nun mesmo evento, e cada corredor pode tomar a súa propia rota para transitar entre os controis utilizando diferentes métodos de navegación, nos que un compás facilita a navegación polos diferentes terreos.

  

   "Presentación de Oientación de Alicia Martínez Cantó  Licenza de atribución de Creative Commons (reutilización permitida) e vidiotitorial "Introducción Orinetación en el Medio Natual" de Salvador Angosto Sánchez

Normativa

NORMAS BÁSICAS DA ORIENTACIÓN DEPORTIVA

1. A honestidade deportiva do orientador é un principio fundamental.
2. A orientación de competición practícase en silencio e os corredores non poden intercambiar información de ningún tipo durante a proba.
3. Está prohibido realizar parte ou o total dun percorrido en colaboración cun ou máis corredores (agás na modalidade por equipos).
4. Está prohibido seguir a outro corredor para aproveitarse do seu mellor nivel técnico.
5. O percorrido débese facer na orde oficial dos controis.
6. É obrigatorio atender a un corredor que sufrise un accidente.
7. Cada participante debe respectar a terceiros, así como as propiedades privadas, cultivos e zonas de repoboación forestal.
8. Os competidores da categoría de noveis ou  "non Iniciados" deben ceder paso aos corredores das demais categorías.
9. O corredor que non finalice a competición debe comunicalo no control de chegada
10. No lugar de reunión non deben deixarse lixos.
11. A organización ten dereito a verificar o cartón de control en calquera momento.
12. Cada participante acepta o regulamento das Carreiras de Orientación e participa, exclusivamente, baixo a súa responsabilidade..