Saltar navegación

As técnicas

BÁSICAS

a) Interpretación da simboloxía especifica que consiste en recoñecer o significado da linguaxe simbólica dun mapa de orientación. Para elo debemos distinguir catro tipos de elementos:

1.- Obxectos puntuais

- Artificiais ou feitos polo home, como por exemplo un poste da luz, un buraco, un pozo, un marco...

- Autóctonos ou propios da natureza: unha árbore illada, un penedo...

2.- Obxectos lineais

- Nivel 1. Elementais: rúas, camiños, ríos, valos, tendidos eléctricos, muros,escaleiras,....

- Nivel 2. Medios: grandes vaguadas por exemplo, sendas...

- Nivel 3. Complexos: límites de vexetación,saíntes pouco definidos....

3.- Obxectos de áreas

Edificios, parques, xardíns, canchas deportivas, claros de terreo,cultivos, lagoas, zonas privadas...

4.- O relevo.Comprender a estrutura ou forma do terreo, interpretando en que tipo de elemento natural atopariámonos cun outeiro, unha vaguada,....

b) Identificación mapa-terreo e terreo-mapa que consiste en saber localizar calquera elemento que vemos do mapa no

terreo e viceversa.

c) Orientación do mapa

1.- Sen compás en base á información ou referencias que nos proporciona o mapa e/ou terreo

2.- Con compás.

        "Orinentación.m4v" de tejaski consultado o 17 de marzoa de 2017 en https://www.youtube.com/watch?v=qMrIlAZCN5c&feature=youtu.be

e)  Manexo do compás nos casos que se axuda do rumbo para:

1,- Orientar o mapa colocando a agulla do norte magnético paralela ao meridianos norte-sur do mapa.

2.-Tomar rumbo dun control a outro

f) Estimación de distancias co talonamiento que consiste en medir distancias cos pasos. O procedemento para desenvolver esta técnica é por exemplo en 100 mts medidos nun camiño, rúa ou pista de atletismo, contar o número de pasos que empregamos e simplificalos a dobres ou mesmo cuádruplos pasos para que non sexa tan repetitivo o cálculo. Exemplo: teño 90 pasos, que son 45 dobres pasos e á súa vez equivalen a 22,5 cuádruplos pasos. Emprégase tamén o escalímetro do compás para ver a distancia a percorrer.Esta é a forma menos subxectiva de talonamiento e haberá que adaptala ás condicións do terreo..

g) Relocalización ou técnica que se emprega ante situacións de perda temporal ou extravío (non sabendo onde se atopa un con exactitude),consiste en localizar a súa posición no mapa e o terreo segundo os seguintes pasos:

1. Diminuír a velocidade e recoller os detalles que ven en mapa e comparalos cos do o terreo. Se non se consegue pasamos a:

2. Identificar no mapa dous ou máis detalles relevantes que esteamos a ver no terreo.Non esquecer orientar o mapa. Se non, pasamos a: 

3. Estudar os detalles desde o último punto que se sabía con certeza onde nos atopabamos, co obxectivo de intuír que puido pasar.

4. Tomar rumbo cara a algún elemento lineal grande (rúa, límite) para localizar a nova posición a partir de aí seguir de novo.

h) Memorización ou técnica Básica que consiste en reter (na mente) os elementos da rota que un considere necesarios para chegar ao control con seguridade. Para iso, ten memorizadoo esquema da rota a seguir.