Saltar navegación

O baile agarrado

foto antiga de parella bailando agarradoImaxe achegada por Moncho Arufe para o Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego s. XIX-XX

Carme, Carmiña, Carmela

non bailes o agarrado,

que dixo o señor cura

que era moito pecado.

 

Repara nesta copla. Seica había bailes pouco apropiados e outros que si se permitían? será coma hoxendía o reggaetón ou a lambada, con movementos que dan moito que falar? imos ver porqué avisaban á "ousada" da Carmiña...