Saltar navegación

6. O baile solto II: a xota

foto antiga de baile solto

Romaría do anxo da garda, 1950, Trabazo. Autor: Manuel Seoane Touriño.

Do Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego s. XIX-XX

 

A xota é un ritmo que se recolle por toda a Península e algúns estudos indican que a súa orixe está en Valencia. A orixe do nome está ou no catalán de Valencia antigo ou no mozárabe, onde significaba chimpo ou salto.

Estendeuse pola Península Ibérica no s.XIX con moito éxito, destacando a jota aragonesa, a navarra-rioxana, a castelá, a montañesa de Cantabria e a isa canaria.