Saltar navegación

7. O baile solto I: A muiñeira

bailarín bailando ao solto   

Imaxe achegada por Ana Belén Antelo para o Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego s. XIX-XX

É o ritmo máis característico da nosa cultura musical.

Tense escrito moito sobre as súas orixes, que  pode estar nalgunha danza barroca cortesá mesturada con ritmos propios. No s.XVIII xa aparece algunha partitura con esa denominación.  A palabra deriva de 'muíño' e popularmente dise que ten que ver co costume de cantar e bailar cando a xente ía moer o gran. Esta idea é moi discutida hoxendía. 

A base rítmica faise coa percusión (pandeireta, o pandeiro, caixa ou tamboril...). Hai muiñeiras instrumentais para instrumentos melódicos (gaita, clarinete, birimbau...) e vocais con percusión, sobre todo pandeireta, amais de pandeira ou pandeiro.