Saltar navegación

As danzas

danzantes nunha foto antiga

Danzantes de Meis. Imaxe da Deputación de Pontevedra para o Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego s. XIX-XX

É moi habitual usarmos as palabras 'danza' e 'baile' como sinónimos, pero dun xeito máis específico podemos diferenciar dúas realidades ben diferentes.  

Mentres os bailes teñen unha parte de improvisación, as danzas teñen unha coreografía fixa, cuns puntos e posicións marcados, e só se fan nunha data ou festa concreta, por iso tamén lle dicimos danzas rituais

Consérvanse máis de trinta polo territorio galego, aínda que moitas se perderon. Neste mapa podes observar a maioría delas, case todas na metade sur de Galicia e en puntos da costa: