Saltar navegación

5. Os cantos de traballo

foto antiga dunha malla"Malla na cortiña da cancela". Autor: Xosé Casal Lamelas (CC-BY-SA)

Ás veces, á xente gústalle traballar coa televisión posta, a radio, con música ou falando. Pero antes entretíñanse moito cantando, por exemplo mentres camiñaban á feira ou á festa (cantos de andar o camiño) ou cando preparaban o liño (cantos de mazar o liño).

Estes cantos aparecen en cada cultura segundo o traballo que nese lugar se faga, así, na zona mediterránea hai cantos de recoller as améndoas ou na estepa de Mongolia hai cantos de pastoreo e os work songs afroamericanos están na orixe do blues.