Saltar navegación

Dálle marcha!

Unha mostra de canto de reis recollida en Albixoi (Mesía, A Coruña):

Canto de reis de Albixoi
canto de reis de Albixoi
II.
O fillo do rico
é coma o do pobre
a graza de Deus(e)
a todo nos cobre.
III.
O fillo do rico
é moi estimado
i-este meu filliño
nas pallas deitado.

A partitura foi simplificada. A orixinal, transcrita por Sergio de la Ossa pódela atopar aquí.
As coplas II e III están adaptadas doutro canto.
Escoita a versión recollida:
Canto de nadal de Albixoi
APOI-Museo do Pobo Galego. Intérprete: Manuela das Forcadas (CC BY-NC)