Saltar navegación

Que é? I

Nos primeiros anos de vida vaise formando a nosa personalidade e enchoupámonos da cultura na que nos criamos. A nosa cultura ten tamén unha gran variedade de cantos cos que a familia vai acollendo ao bebé, mentres o arrola ou o acariña; mesmo antes de nacer xa a nai comeza con esta iniciación musical.  Despois vanlle ensinando melodías sinxelas coas que aprende a lingua, os ritmos e a música, que vai interiorizando.

O arrolo (canto ou canción de berce, de rolo ou anaina) é un xénero musical coa finalidade de adormentar a nenas e nenos. Consta dunha letra sinxela, ás veces con anacos onomatopeicos e vocálicos (ea, ea, e...; ro, ro, ro...) e unha execución musical uniforme e tranquila para inducir o sono mentres se arrola o bebé no berce ou no colo. Daquela, o ambiente e o movemento cíclico determinan o ritmo da melodía.

Á parte dos arrolos, hai outras cancións infantís e recitados que serven para entreter os pequenos, ás veces dándolles unhas fregas na barriga, contándolles os dedos das mans, facéndolles o trote do cabalo sentados na perna ou para que aprendan a falar e repitan a letra da canción.

Hai xogos rítmicos sen melodía, vanse recitando:

ou estoutro cun ritmo próximo á muiñeira:

É habitual que sexa unha melodía de poucas notas e que acaben cunha liña melódica descendente:

Arrolo de Becerreá
CPG, vol.VI, t.I

Cuns aniños van aprendendo os encadeados e cando xa teñen uns anos, nenas e nenos xogan entre eles e acompañan aos maiores aos traballos ou ás festas. Antigamente, nestas xuntanzas facíanse algúns xogos de baile só para a rapazada ou engadíanse moitas veces os maiores.

Adoitan ser bailes de roda nos que hai que cantar ao mesmo tempo. Nalgúns hai que buscar axiña unha parella e cámbiase cada pouco e noutros báilase o agarrado.

Moitos recolléronse no sur da provincia de Pontevedra.