Saltar navegación

Dálle marcha

O chotis é un baile agarrado de Centroeuropa que se popularizou no s.XIX. O seu nome provén de schottish (escocés).  

Este chotis cántano e báilano por Bergantiños e, coa letra adaptada para o galego, podemos cantalo e bailalo ao mesmo tempo. Podémolo dividir en tres seccións: A ("e luns..."), B ("E un dous tres...") e C ("la la la la...").

A. Dispostos por parellas en dúas filas enfrontadas, realizamos o paso de "mayim". Cun paso á dereita abrimos, co outro pé crúzase por atrás do que abriu. Outro paso lateral abrindo e agora o outro pé cruza por diante. Isto repítese unha vez máis, pero ao final xuntamos os pés. A parella, de fronte, baila en espello.

Repetimos ao revés.

B. Collémonos da man coa parella e bailamos un agarrado, con paso saltado, dando unha volta completa con 8 pasos base.

C. Co mesmo paso base e fronte á parella fanse outros oito pasos en espello e balanceámonos lateralmente de dereita a esquerda.

Pódese empezar lento, aumentando a velocidade e tentando bailar na punta do pé cando é máis rápido.

Chotis de Cerqueda

partitura do chotis

Aquí temos unhas pandeireteiras de Cerqueda interpretándoo:

AELG-Sección de literatura de tradición oral. Intérpretes: Mª Esther Rodríguez e Evangelina Trigo