Saltar navegación

O terceiro principio: identificar as forzas de acción e reacción

Na escena podemos ver como as parellas de acción reacción sempre actúan sobre corpos diferentes.
Na simulación, o alumno debe deducir a dependencia da deformación sufrida por un resorte e a forza aplicada sobre el
Escena: Enric Ripoll. Parellas acción-reacción (CC BY-SA). Imaxe carro-cabalos: publicdomainpictures (Dominio público)

Tal e como indicamos no punto anterior, é moi importante ter sempre presente que as forzas de acción e reacción actúan sobre corpos diferentes de maneira que se os corpos non están unidos mediante algunha estrutura (barras, cadeas, cordas...), estas forzas non se anularán.

Por outra parte, se non se identifican axeitadamente os diferentes corpos e as correspondentes forzas, podemos chegar a incorrer en erros como pensar que si un cabalo tira dun carro cunha forza, ao existir unha reacción do carro sobre o cabalo igual e de sentido contrario, carro e cabalo ficarán parados.