Saltar navegación

NOSO MAPA

creando

Agora xa sabes o básico de Umap polo que sería interesante que puxeras en práctica un pequeno proxecto para facer unha cartografía sonora e aprender o proceso de traballo e familiarizarte coas aplicacións.

O primeiro que terás que decidir son dous aspectos?

  1. Se vai ser un mapa desenvolto individualmente ou en grupo. Se decides que sexa en grupo podes ver máis abaixo como xestionar o mapa para que diferentes persoas poidan editar.

  2. Sobre que aspecto vas a traballar ou temáticas vas a traballar. Ben podería ser simplemente un mapa que recolla sons da zona das persoas implicadas pero as veces é mellor acoutalo algo máis. Estas poden ser algunhas ideas interesantes.
  • Xeral: podes coller unha división clásica de tipos de sons (Sons naturais, sons industriais, interacción social, etc., ou xeofonías, biofonías e antropofonías, etc.) e facer gravacións deste tipo. Poderías colocalas en diferentes capas e ter un estudio sonoro dos tipos de sons que aparecen na túa zona asociados a cada tipo.

  • Memoria sonora: podes entrevistar a diferentes persoas sobre os sons que consideran representativos dun lugar e facer gravacións deles así como das entrevistas a persoas de certa idade sobre que sons lembran que había hai anos e xa non existen.

  • Afectivo: tamén podes propor que se experimenta cando escoitamos un son (tranquilidade, excitación, enfado, etc...) e crear unha categoría afectiva dos sons.

  • Temático: podes facer unha investigación sobre unha temática, por exemplo sons relacionados con traballos e facer gravacións de diferentes oficios, ou celebracións (festas, rituais, etc.)

O son serve para contar e transmitir unha parte importante do coñecemento xa que nos pon en contacto de xeito moi especial co noso medio e a finalidade deste tipo de cartografías é amosar esa riqueza. Por exemplo hai uns anos ni IES de Ames se puxo en práctica un proxecto chamado Aldeas traballando colaborativamente o departamento de filosofía/antropoloxía e o de música para tratar as diferencias que existen entre as aldeas contemporáneas (urbanizacións) e as aldeas rurais. Para este traballo realizouse un traballo de campo no que se realizaba un estudio a través de entrevistas, imaxes e sons para poder representar esas diferencias. Aínda que a día de hoxe o mapa non funciona por cuestións de cambios nas políticas de grupos de Soundcloud (razón pola que neste tutorial optamos por traballar con dúas plataformas abertas e menos permeables aos cambios do mercado) podes ver o resto da información para que te fagas unha idea do traballo no que unha cartografía con sons pode ser moi interesante e representativa.

aldeas

mapa AldeasAldeas Proxecto colaborativos de alumnos de 1º bach do IES de Ames (Bertamiráns)

MODO COLABORATIVO

Podes facelo individualmente ou en grupo. Se a túa proposta é un mapa colaborativo no que participarán máis persoas podes propoñelo creando en Archive.org contas individuais para cada usuario ou utilizar a mesma conta para o proxecto. Poden ser Items diferentes ou poñer todo nun mesmo Item. Escolle o que consideres máis axeitado ao tipo de traballo que ides desenvolver. Non hai problema, xa que cada son terá o seu enderezo independente e lles daremos unidade a través do mapa como proxecto.

Incluso poderías utilizar sons doutras persoas que teñan sons en Archive.org e que poidan ser información útil para o teu mapa, sempre e cando sexan compatibles coas licenzas que ti usas no teu proxecto. Ata poderías facer un mapa sonoro con sons sobre unha temática ampla que non teñas gravado ti para ilustrar por exemplo os sons dos instrumentos a longo do mundo.

Se esta opción de traballo en grupo é a túa tes que configurar o mapa para que pode ser editado por varias persoas na opción permisos e editores. Podes escoller se mantés o mapa oculto ata que estea listo ou deixas que todo o mundo o poida ver durante o proceso, quen pode editar, crear os editores engadindo contas, etc.

permisos

PROCESO

É importante que o proceso de traballo estea ben delimitado dende o principio tomando as decisións que xa vimos antes e que resumimos agora.

  • Decide unha temática
  • Pensa se te interesa e como te pode beneficiar o uso de capas
  • Se utilizas capas crea as capas
  • Decide se vas a utilizar o código de cores, os iconas e formas de localizadores en relación aos teus sons.
  • Pensa na organización dos sons en Archive.org (unha ou varias contas dependendo de se hai un ou varios editores, utilización do concepto de Items para organizar categorías, un Item que agrupe todo o proxecto, un Item por arquivo, etc.)
  • Grava os sons na mellor calidade que podas e subeos a Archive.org. Conserva sempre unha versión no teu computador ou na túa memoria USB
  • As veces resulta máis cómodo crear primeiro o mapa cos localizadores e logo engadir os audios

Finalmente podes axustar as opcións de como queres que se vexa o mapa, licencia, etc.

deseño

COMPARTINDO

Podemos compartir o noso mapa directamente dende Umap simplemente facilitando un vínculo ou podemos embebelo noutra web, nunha entrada do blog, etc. igual que fas cun vídeo ou unha foto aloxada noutro sitio.

compartir