Saltar navegación

CARTOGRAFÍAS

cartografias

mapa

"Esa é outra cousa que aprendemos da vosa Nación", dixo Mein Herr, "a arte de facer mapas. Pero desenvolvémolo moito máis que vós. Cal é para ti o mapa máis grande que sería de verdade útil?

Sobre seis polgadas por milla

¡Só seis polgadas!" exclamou Mein Herr. "Nós moi pronto superamos as seis iardas por milla. Entón probamos con cen iardas por milla. ¡E finalmente chegamos á idea máis fabulosa de todas! ¡Realizamos un mapa do país, coa escala dunha milla por milla!? 

Utilizástelo moito? preguntei. 

Nunca foi despregado aínda" dixo Mein Herr, "os granxeiros opuxéronse. Eles dixeron que cubriría completamente o país, ¡e non deixaría pasar a luz do Sol! Así que agora utilizamos o propio país, como o seu propio mapa, e asegúroche que funciona case tan ben".

Lewis Carroll

Unha cartografía é unha representación moi útil cando queremos analizar, ordenar ou presentar información ou materiais relacionados cun espazo ou cunha localización específica. O mapa nos conta unha historia sobre un territorio, unha historia non narrativa, pero que sempre está condicionada polos desexos, intereses e traballos realizados polo autor desa cartografía.

É imposible representar todo nun mapa porque, como se desprende do texto de Lewis Carroll que encabeza este apartado, se un mapa representase a realidade tal e como é sería inútil. O mapa é unha ferramenta que se centra nunha serie de elementos ou parámetros (altitude, poboación, orografía, etc.) e, dependendo do que rexistre e represente, terá unha utilidade ou outra.

Nas seguintes leccións imos a aprender a facer mapas relacionados co son. Normalmente é algo que non é doado de representar nunha cartografía pero hoxe en día, gracias aos sistemas de cartografía virtual, podemos facer que os mapas rompan o seu silencio.

Cando falamos de mapas sonoros durante moito tempo parecía facerse referencia só a aqueles mapas nos que se representaban os niveis ou intensidade en certas zonas para abordar problemáticas relativas á contaminación acústica pero nos últimos anos, cada vez máis, os mapas sonoros serven como unha ferramenta para ampliar o noso coñecemento do medio e abordar estas temáticas dende unha óptica máis cualitativa que cuantitativa. É dicir, enfocando o tema dende unha perspectiva moito máis complexa e comprendendo as dinámicas sonoras sociais e culturais.

mapa de ruidoMapa sonoro da localidade británica de Bath,  Leigh Dodds (CC BY 2.0)

Neste sentido diferentes proxectos tentan abrirse a esa posibilidade de escoitar sons de diferentes lugares para entender as súas peculiaridades a través da escoita. Moitos deles son mera representación, espazo de escoita compartida pero outros van máis alá para converterse en ferramentas de interpretación e análise. Moitos deles asumen unha posición flexible  como único xeito de superar os aspectos cuantitativos que aínda imperan nos "mapas de ruído" e poder elaborar outras cartografías emocionais. Partir desta actitude podería colocarnos nun novo punto de escoita axudándonos a ampliar o espectro de análise para así comprender as relacións que existen "entre contorna acústica/auditiva e as respostas e o comportamento característico da xente que vive nel" (Positive Soundscapes).

Existen moitas posibilidades de traballo relacionando cartografías e son. Aquí tes algúns experimentos que utilizan esta combinación:

Locus Sonus ten a peculiaridade de que permite escoitar o son en streaming en vez de tratarse de gravacións como acontece noutros casos.

Acousticcameras parte dun enfoque moi diferente. Neste caso o mapa permítenos escoller entre cámaras situadas en diferentes localizacións do planeta e o que escoitamos non son paisaxes sonoras se non composicións realizadas por artistas para acompañar o que estamos vendo.

Goodcitylife nesta web se pretende facer unha avaliación dos tipos de sons que podemos atopar en diferentes zonas da cidade facendo unha ponderación dos tipos de sons que hai en cada lugar. Se facemos clic nunha parte do mapa diranos que sons predominan nesa localización.

chattymapsChatty maps, de Goodcitylife

Nesta unidade empezaremos traballando con mapas que nos sirvan de ferramenta para expresar a nosa relación co entorno sonoro e como o percibimos para logo pasar á confección de cartografías virtuais nas que podemos incluír sons e compartilos facendo un arquivo xeolocalizado de paisaxes sonoras que permita a outros escoitar os sons habituais ou ocasionais que acontecen nun lugar determinado.